RECANTO DA LUZ
DENDE FAI UNHAS SEMANAS, OS VERDELLOS DISFRUTAN DUN NOVO RECANTO NA AULA COMO É " A MESA DE LUZ". NESTE RECANTO OS NEN@S DESENVOLVEN DIFERENTES APRENDIZAXES COMO A PERCEPCIÓN ÓCULO-MANUAL, A MOTRICIDADE FINA, DISTINCIÓN DE CORES, FORMAS,TEXTURAS... ADEMAIS FACILITA A CREATIVIDADE,IMAXINACIÓN, COORDINACION E INTERACCIÓN CO COMPAÑEIRO...E TODO A TRAVÉS DA LUZ A CAL ESTA PRESENTE NA NOSA VIDA DIARIA TANTO ARTIFICIAL COMO NATURAL.
DÍA DA FAMILIA "15 de Maio"
O LUNS 15 DE MAIO, OS VERDELLOS CELEBRAMOS ESTE DÍA FACENDO UN AGASALLO MOI CHULO PARA A NOSA FAMILIA DA CASA. CON PASTA BLANCA DE MODELAR, UNHA CENEFA E UNHAS FLORES (STATICES-SIEMPRE VIVAS) CONFECCIONAMOS UN XARRÓN MOI CHULO PARA DECORAR OS NOSOS FOGARES. CADA NENO UTILIZOU A COR QUE MÁIS LLE GUSTABA E AS FLORES QUE QUIXERON.
UNHA MANUALIDADE MOI MANIPULATIVA ONDE EMPREGAMOS A MOTRICIDADE FINA EN TODOS OS SEUS SENTIDOS...
COMO É A LINGUA DO CAMALEÓN?
AS VERDELLAS ANA E EMMA TROUXERON DA CASA UNS CAMALEONS MOI CHULOS ONDE DESCUBRIMOS COMO LLE SAÍA A LINGUA O CAMALEÓN. DESCUBRIMOS QUE OS CAMALEÓNS TEÑEN UNHA LINGUA MOI LONGA, QUE A SACAN MOI RÁPIDO E QUE A PUNTA É PEGAJOSA DESTA MANEIRA ATRAPAN AS SÚAS PRESAS.
DESTA PROPOSTA, DECIDIMOS FACER NA AULA O NOSO PROPIO CAMALEÓN ONDE A LINGUA A FIXEMOS IGUAL CUN "MATASUEGRAS". DESPOIS DE TELOS FEITOS NOS CONVERTIMOS EN CAMALEÓNS FAMENTOS QUE QUERÍAN COMER INSECTOS (POMPÓNS).
FOI UNHA ACTIVIDADE MOI DIVERTIDA ONDE APRENDEMOS MOITOS ASPECTOS: A TÉCNICA DO SOPLO QUE NOS AXUDA A PRONUNCIACIÓN DOS FONEMAS, SAÍDA DO AIRE FORTE OU SUAVE, ESCENIFICACIÓN, SEGUIR ORDES SEGUNDO A COR, TAMAÑO,...
PLANTAMOS BULBIÑOS
COA CHEGADA DA PRIMAVERA, OS VERDELLOS PREPARAMOS UN PEQUENO RECANTO DE NATUREZA ONDE PLANTAMOS BULBIÑOS DE GLADIOLOS, FRESAS E TOMATES. NESTE RECANTO OS NEN@S TODOS OS DÍAS ACHÉGANSE PARA VER A EVOLUCIÓN E CRECEMENTO DAS PLANTIÑAS ONDE PODEN OBSERVAR COMO MEDRAN, AS RAICES, SE PRECISAN AUGA, SE AS FRESAS SE POÑEN VERMELLAS,...
UN RECANTO FANTÁSTICO ONDE OS NEN@S APRENDEN ASPECTOS DA NATUREZA DESENVOLVENDO DIFERENTES APRENDIZAXES.
CONTO " A CEBRA CAMILA"
NA SEMANA DO LIBRO, OS ALUMNOS DE 3 E 4 ANOS COS COMPIS DE 2º DE PRIMARIA REALIZAMOS CONXUNTAMENTE A INTERPRETACIÓN DO CONTO DA CEBRA CAMILA. NESTE CONTO OS ALUMNOS TOCABAN INSTRUMENTOS, ESCENIFICABAN AS PERSONAXES DE ANIMAIS COMO A SERPE, CARACOL, ARAÑA,...E INTERPRETABAN O RELATO.
FOI UNHA EXPERIENCIA FANTÁSTICA E MOI ENRIQUECEDORA ONDE TOD@S COMPARTIRON A MAXIA DOS CONTOS.
SEMANA DO LIBRO...
DURANTE A ÚLTIMA SEMANA DO MES DE ABRIL, NO CENTRO ADICAMOS DIFERENTES ACTIVIDADES RELACIONADAS COS LIBROS PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO QUE FOI O 23 DE ABRIL. TIVEMOS UNHA OBRA DE TEATRO TITULADA "LARANXUS 7"(OFERTADA POLA ANPA), UN CANTACONTOS SOBRE LIBROS DE CARLOS CASARES, ACTUACIÓNS DOS NEN@S DE PRIMARIA CON TEATRO DE SOMBRAS, POEMAS E PALABRAS ENCADEADAS,... E VÍDEO DE MARCAPÁXINAS DO ALUMANDO DE INFANTIL.
UNHA SEMANA CHEIÑA DE ILUSIÓN E DE MOITAS PALABRAS E CONTOS!!!
EXCURSIÓN A VIGO
OS NEN@S DE INFANTIL FOMOS DE EXCURSIÓN A VIGO Ó TEATRO DA FUNDACIÓN ABANCA PARA VER O ESPECTÁCULO DE "GATUXO" DE MAGIN BLANCO. LOGO O REMATAR NOS DIRIXIMOS O PARQUE DE CASTRELOS PARA MERENDAR E XOGAR UN POUCO NESE GRANDÍSIMO PARQUE....O PASAMOS FENOMENAL!!
ANIVERSARIO DE... "AILA"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)