Visita especial al aula "YONKY"
O MARTES, TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL NA AULA. O VERDELLO DANI,CONVIDOU A MADRIÑA DA SÚA IRMÁ, LUCI A VIR AO COLE.
LUCI VISITOUNOS COA SÚA MASCOTA CHAMADA "YONKY", UN CAMALEÓN PRECIOSO DUNHA ESPECIE MOI PECULIAR.
GRAZAS A ESTA VISITA POIDEMOS OBSERVAR MOI DE CERCA COMO É UN CAMALEÓN, AS PARTES DO CORPO, AS PATAS, O QUE COMÍA, COMO CAMBIAN DE COR NO SOL, PORQUE SE POÑE A CRESTA NEGRA O ESTAR ENFADADO,...
A VERDADE QUE FOI UNHA PASADA A VISITA, VER ESTE ANIMALIÑO QUE É TAN CURIOSO E MOI DELICADO.
UNHA EXPERIENCIA FANTÁSTICA!!!
DESDE O BLOG DARLLE MOITAS GRAZAS A LUCI E A MAMÁ DE DANI, ANA POR TRAER ESTA EXPERIENCIA TAN ESTUPENDA PARA OS NEN@S E OS MAIORES...
CHEGA MOITA INFORMACIÓN...
DURANTE ESTES DÍAS, OS VERDELLOS TROUXERON MOITA INFORMACIÓN DA CASA DOS CAMALEÓNS. CADA NEN@ PRESENTOU O SEU MATERIAL E TIÑAMOS DE TODO: PELUCHE E BONECO, LIBROS, CONTOS, FOTOS, XOGUETES,... OS NEN@S ESTABAN SUPER CONTENTOS E ILUSIONADÍSIMOS DE TODO O QUE CONSEGUIRON... O RECANTO VAISE ENCHENDO...
SEGURO QUE CHEGAN MÁIS COUSIÑAS!!!! IREMOS INFORMANDO...
MOITAS GRAZAS AS FAMILIAS POLA COLABORACIÓN NO PROXECTO DE AULA.
Novo Proxecto na Aula... "O CAMALEÓN"
DESPOIS DE VOLVER DAS VACACIÓNS DE ENTROIDO E REMATADO O PROXECTO DOS OSOS; OS VERDELLOS FIXEMOS UN NOVO PLANTEXAMENTO DE IDEAS NOVAS PARA INVESTIGAR.
SAIRON MOITOS TEMAS, PERO POR VOTACIÓN, O QUE MÁIS LLES CHAMOU A ATENCIÓN E O QUE MÁIS INTERESOU FOI UN ANIMALIÑO MOI CURIOSO POLA SÚA COR E CAMUFLAXE, O "CAMALEÓN".ESTA IDEA XURDIU POLA PELÍCULA DE "RAPUNCEL" E O SEU AMIGO PASCUAL, QUE É UN CAMALEÓN.
UNHA VEZ DECIDIDO, PUXEMONOS MANS A OBRA PARA BUSCAR INFORMACIÓN NA CASA...
CANTAMOS E BAILAMOS CON SUSA HERRERA
MULLERES IMPORTANTES
APÍPOLIS: A cidade das abellas
O MARTES, OS NEN@S DE INFANTIL E O ALUMNADO DE 1º E 2º DE PRIMARIA FOMOS DE EXCURSIÓN A APÍPOLIS( PONTEVEDRA). NESTA SAÍDAS OS NEN@S APRENDERON UN MONTÓN DE COUSAS RELACIONADAS CO MUNDO DAS ABELLAS. FIXERON OBRADOIROS DE GALLETAS DE MEL, UNHA VELA CON CERA, PROBARON MEL E POLEN, VESTÍRONSE DE APICULTORES E ESTIVERON DENTRO DUN APIARIO, VIRON A EXPOSICIÓN SOBRE AS ABELLAS (RAÍÑA, ZÁNGANOS, COLMEAS...)
FOI UNHA EXCURSIÓN MOI ENRIQUECEDORA E O PASARON FENOMENAL!!!
ENTROIDO EN MALLÓN
O VENRES 24 DE FEBREIRO TODO O CENTRO CELEBRAMOS O ENTROIDO CUN GRAN DESFILE NO PATIO DO COLE. ESTE ANO OS DISFRACES ERAN RELACIONADOS CO PROXECTO DO CENTRO "ANIMAIS DO MUNDO". OS VERDELLOS FOMOS DE OSOS XA QUE ERA O TEMA PRINCIPAL DA AULA.
ADEMAIS TIVEMOS UNHA SUPER MERENDOLA CON POSTRES TÍPICOS DE ENTROIDO FEITOS POLAS FAMILIAS.
FOI UN DÍA ESTUPENDO!!!
FESTA DE DISFRACES
OBRADOIRO EN FAMILIA
DURANTE DOUS DÍAS, OS VERDELLOS NOS XUNTAMOS COAS FAMILIAS PARA CONFECIONAR O DISFRAZ DE ENTROIDO. NESTES DÍAS, ENTRE TOD@S, TIVEMOS QUE: CORTAR E PEGAR OS TRAXES COAS BOLSAS, CORTAR GOMA EVA PARA AS CABEZAS E AS PEGADAS, FACER POMPÓNS PARA O RABO, CORTAR AS BARRIGAS,...
A VERDADE QUE O PASAMOS MOI BEN TOD@S XUNTOS E OS NEN@S E A PROFE DISFRUTAMOS UN MONTÓN COAS FAMILIAS.
DENDE O BLOG DOS VERDELLOS QUEREMOS DAR AS GRAZAS A TOD@S POR PARTICIPAR NESTAS ACTIVIDADES TAN ENRIQUECEDORAS.
CARAS E MANS DIVERTIDAS
DURANTE A SEMANA DE ENTROIDO, OS VERDELLOS ADICAMOS 2 SESIÓNS PARA FACER UNHA ACTIVIDADE MOI CHULA PARA OS NEN@S. OS "PINTACARAS E PINTAMANS". ESTA ACTIVIDADE CONSISTÍA EN QUE CADA PARELLA DE NEN@S TIÑA QUE PINTARLLE O SEU COMPAÑEIRO E VICEVERSA. NA ACTIVIDADE DE PINTACARAS OS NEN@S PODÍAN FACER O QUE QUERÍAN ERA LIBRE, EN CAMBIO NA ACTIVIDADE DE PINTAMANS O FIXEMOS DIFERENTE, A PROFE INDICABA ORDES COMO: UN CÍRCULO, UNHA LETRA, UN NÚMERO, UNHA MONTAÑA, UNHA FLOR, UN CAMIÑO,...
A TRAVÉS DESTAS ACTIVIDADES OS NEN@S EXPERIMENTAN E APRENDEN MOITOS ASPECTOS COMO: O TACTO DA PINTURA, AS RISAS E CÓXEGAS, A CREATIVIDADE NO DEBUXO, O RESPETO CARA ÓS DEMÁIS, O CORPO E AS SÚAS PARTES,...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)