O XOVES 24, OS NEN@S DE INFANTIL(3-4-5 ANOS) FOMOS DE EXCURSIÓN O PARQUE DE BOLAS DA RAMALLOSA, "INDIANA BILL".
ESTA FOI A NOSA PRIMEIRA SAÍDA DO CURSO, A CAL TIÑA COMO OBXECTIVOS PRINCIPAIS: COÑECERNOS, RELACIONARNOS UNS COS OUTROS, AXUDARNOS A SUBIR E BAIXAR, COMPARTIR XOGOS,... E TODO A TRAVÉS DO XOGO MOTOR QUE OFRECEN AS ESTRUCTURAS DUN PARQUE COMO ESTE.
A VERDADE QUE O PASAMOS MOI BEN E OS NEN@S DISFRUTARON UN MONTÓN...
PORTA DE OSO
NUNHA SESIÓN DE ACTIVIDADE POR PARELLAS, OS VERDELLOS FIXERON UN OSO XIGANTE PARA A PORTA DA CLASE.
CADA EQUIPO TIÑA UNHA PARTE DO SEU CORPO : OS OLLOS, O NARIZ, AS ORELLAS,...
ONDE EMPREGARON DIFERENTES MATERIAIS: GOMA EVA, TELAS, PINTURA DE DEDOS, TÉMPERA,...
QUEDOUNOS XENIAL!!!
CADA EQUIPO TIÑA UNHA PARTE DO SEU CORPO : OS OLLOS, O NARIZ, AS ORELLAS,...
ONDE EMPREGARON DIFERENTES MATERIAIS: GOMA EVA, TELAS, PINTURA DE DEDOS, TÉMPERA,...
QUEDOUNOS XENIAL!!!
FOLLAS DE OUTONO
DURANTE VARIOS DÍAS, NO RECANTO DO ARTISTA, FIXEMOS UNS CADROS CON FOLLAS DE OUTONO E A NOSA FOTO.
QUEDARON MOI CHULOS!!!
Aniversarios de... "NOVEMBRO"
Festa das Castañas: "O MAGOSTO"
O VENRES, 11 DE NOVEMBRO, TODO O ALUMNADO DO CENTRO CELEBRAMOS O MAGOSTO.
NESTA FESTA, ASAMOS CASTAÑAS E COMIMOS UNS BOCATAS MOI RICOS DE CHOURIZOS.
O REMATAR A MERENDA, REALIZAMOS DIFERENTES XOGOS EN EQUIPO, ONDE A PROTAGONISTA ERA A CASTAÑA. o XOGO DA "CASTAÑA POR DETRÁS", ENCESTA-CASTAÑA,...
O PASAMOS MOI BEN!!!
ALMORZAMOS NO COLE
O VENRES, OS NEN@S DE INFANTIL ALMORZAMOS TODOS XUNTOS NO COMEDOR DO COLE. GRAZAS AO PROGRAMA GALEGO DE ACTIVIDADES SAUDABLES, EXERCICIO E ALIMENTACIÓN(PASEA) DA CONSELLERÍA DE SANIDADE, APRENDEMOS O IMPORTANTE QUE É ALMORZAR DIFERENTES ALIMENTOS.
NESTE DÍA, PROBAMOS O ALMORZO MEDITERRÁNEO QUE CONSISTIU EN: PAN CON ACEITE, TOMATE E XAMÓN, UN VASIÑO DE ZUME E LEITE CON CACAO.
UNHA ACTIVIDADE FANTÁSTICA E SAUDABLE PARA OS MÁIS PEQUENOS.
CHEGA INFORMACIÓN...
DURANTE VARIOS DÍAS, OS NEN@S TROUXERON, COA COLABORACIÓN DAS FAMILIAS, MOITA INFORMACIÓN SOBRE OS OSOS COMO LIBROS, BONECOS, PELÍCULAS, CONTOS,...
AGORA TEMOS QUE INVESTIGAR UN MONTÓN SOBRE ESTE ANIMALIÑO TAN GRANDE...
UN SAMAIN DE MEDO"
O VENRES 28 DE OUTUBRO, TODO O CENTRO CELEBRAMOS XUNTOS A FESTA DE SAMAIN.
CADA NEN@ VIU DISFRAZADO DA CASA, MERENDAMOS XUNTOS E XOGAMOS UN MONTÓN. FOI UN DÍA MOI ESPECIAL E DE MEDOOOOOOO!!!!
(pincha na imaxe para vela máis grande)
(pincha na imaxe para vela máis grande)
SEMANA ADICADA A... "SAMAÍN"
DURANTE VARIOS DÍAS, FIXEMOS TRABALLIÑOS MANUAIS CON DIFERENTES MATERIAIS PARA CELEBRAR A FESTA DE SAMAÍN. FIXEMOS PANTASMAS, MORCEGOS, ARAÑAS,...
PUXEMOS A CLASE E O PASILLO MOI CHULO, DABA MOITO MEEEEEEEDOOOOOO!!!
ANIVERSARIOS DE...
NO MES DE OUTUBRO CELEBRAMOS, NO SEU DÍA PROPIO, 3 ANIVERSARIOS: O DE ÉRICK, MIGUEL E DANI, OS CALES CUMPLIRON 4 ANOS.
NA HORA DA MERENDA COMPARTIMOS UNS BIZCOITOS BEN RICOS E UNHAS GALLETAS.
ADEMAIS, OS NEN@S FIXÉRONLLE UN LIBRO MOI BONITO DE DEBUXOS PARA CADA UN.
O PASAMOS MOI BEN!!!
DIVERTÍMONOS...
OS PRIMEIROS DÍAS DE COLE ESTIVEMOS XOGANDO E COÑECENDO MOITAS COUSAS NOVAS: PINTAMOS, FIXEMOS PUZLES E CONSTRUCIÓNS, DISFRAZÁMONOS, XOGAMOS CO ORDENADOR,NO PATIO DE RECREO...
DESTA MANEIRA, TOD@S NOS ADAPTAMOS DE NOVO A ESCOLA.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)